Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de abril de 2015

COMISADOS 1100 KILOS DE MARISCO EN CAMBADOS





Membros do Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil de Pontevedra e Inspectores da Xunta de Galicia colaboraron nun operativo sobre marisqueo furtivo na ría de Arousa, no que localizaron nunha batea, situada no polígono de bateas D de Cambados, caixas con ameixa somerxidas baixo esta, amoreadas mediante unha estrutura metálica tipo gaiola utilizando a grúa da embarcación bateeira propiedade do mesmo presunto infractor, que se atopaba presente no lugar no momento da intervención, para o seu comiso. 
Membros da tripulación  do Servizo Marítimo de Pontevedra, e da Xunta de Galicia chegan a porto arredor das  11:30 horas, e realizan a descarga do marisco intervido para proceder a sua pesaxe, o marisco comisado é de 358 kgs de ameixa japónica e 752 kgs de ameixa carneiro.
O Servizo Marítimo Provincial de Garda Civil transporta os 752 kgs de ameixa carneiro ata lugar indicado por responsables da Confraría de Cambados, en concreto á zona do "Galiñeiro" para a súa resembra e na embarcación auxiliar da Xunta se trasladan os 358 kgs de ameixa  japónica a banco do "Sarrido", tamén para a resembra. Os inspectores pesqueiros levantan acta pola infracción pesqueira ao presunto infractor.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.