No desenrolo das diferentes campañas e actividades levadas a cabo por esta asociación, procuramos evitar causar calquera tipo de prexuízo ós diferentes establecementos comercias cambadeses, e en especial a aqueles que están asociados a Cambados Zona Centro.
Por elo ante a posibilidade de causar prexuízos a entidades do noso concello, a Directiva da asociación vese na obriga de cancelar a campaña de colaboración presentada o venres dia 6 de marzo coa entidade Aquafit, empresa concesionaria da Piscina Municipal.
Queremos agradecer a boa disposición da empresa Aquafit a colaborar coa asociación e agardamos que no futuro se poidan levar a cabo outras campañas de colaboración, así como agradecer ó mesmo tempo a súa comprensión pola decisión tomada.
Queremos, para finalizar, pedirlle desculpas aos nosos clientes polas posibles molestias que puidera ocasionarlles a suspensión desta campaña de colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.