Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de marzo de 2015

RAMÓN CARIDE PRESENTA A SUA ÚLTIMA NOVELA






Este venres dia 6 de marzo o escritor afincado en Cambados, Ramón Caride fará a presentación do seu novo libro Flash-Black 13, as 19 horas no Pazo de  Torrado, Cambados no que estará acompañado de David Cortizo da editorial Urco Editora.
Nado en Cea en 1957, pero desde hai moitos anos afincado en Cambados, licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, traballa como profesor de ensino secundario. Animador de múltiples actividades culturais, foi o primeiro presidente da Asociación cultural A Santa Compaña de Cambados, onde reside; e un dos promotores da revista homónima. Ten sido columnista en xornais como El MundoFaro de Vigo ou O Correo Galego. Creou as de series xornalísticas: Blues da fronteira (La Voz de Galicia), O libro de area (Faro de Vigo), e colaborado en suplementos culturais (Galicia LiterariaFaro das LetrasLa Ría del OcioArousa-Un mar de cultura).


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.