Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de marzo de 2015

QUE SE AGOCHA DETRÁS DE "CAMBADOS PODE"





Que hai detrás de Cambados Pode?

Aparte do confuso do nome, en Cambados hai xa Podemos Cambados, este novo partido político segundo informacións pode nacer das cinzas do antiguo Independientes por Cambados (IPC) que acadara un edil nas eleccións locais do 2003. Este partido estaba liderado por Álvaro Rodríguez e  Ramón Abal entre outros. 
A.Rodríguez e R.Abal
Así se pode  leer en La Voz de Galicia no ano 2002: ".....El partido político Independentes por Cambados ya tiene la lista definitiva de su candidatura para las próximas elecciones municipales de mayo. La lista, presentada ayer, está encabezada por Álvaro Rodríguez, abogado de 29 años, y candidato a la alcaldía. A él le siguen Ramón Abal, secretario y portavoz del partido;....". Álvaro Rodríguez é un "trotamundos" da política e agora mesmo está fora dela. Pola sua banda Ramón Abal, adegueiro, abandonou a formación independente para aliarse co PP tres anos despois, ao parecer por diferencias con Álvaro Rodríguez, como conta La Voz De Galicia,  "El Partido Popular y el que fuera uno de los principales artífices de Independientes por Cambados (IPC), Ramón Abal, sumarán fuerzas en las elecciones municipales de mayo. El que fuera mano derecha del todavía concejal de IPC, Álvaro Rodríguez, colabora con la disciplina popular, si bien las partes no quieren todavía desvelar el alcance del acuerdo.
Los populares confían en que esta operación le sirva para recuperar votos que en las últimas elecciones fueron para la formación independiente...........".

José Ramón Abal Varela 
Tempo despois tamén en La Voz de Galicia confirmábase o regreso de Ramón Abal ao PP  "......El regreso al PP del que en las últimas elecciones fue el presidente de Independientes por Cambados, Ramón Abal, queda patente en el número seis de la lista. El puesto lo ocupa su hija, Mónica Abal Varela, dentista de profesión".
Ramón Abal foi un dos adegueiros que non ocultaron o seu malestar con Aragunde por asuntos relacionados co concelleiro Eulogio Pomares. 
Dase a circunstancia de que Ramón Abal tamén é  pai do presidente de Cambados Pode, José Ramón Abal Varela que é a persoa que rexistrou o partido.
Según declaracións á prensa, nace como plataforma cidadán e non saben si se presentarán ás eleccións, pero todo parece indicar que si se presentarán.

Resulta que nas anteriores eleccións e tralo triunfo do PP, Ramón Abal era unha das persoas máis felices e activas na sede do PP cambadés na rúa Castelao

Así as cousas tan pronto se desvelou onte esta posible candidatura moitos cambadeses comezaron a buscar motivos de porque estas persoas empregan o nome de Cambados Pode e que razóns empurraban a o líder, tan vinculado a o PP, a exercer de cabeza visible e o porqué de tanto oscurantismo. E as versións son do máis variado. Desde que nace como venganza ao PP, por promesas incumpridas ou ben que foi creado para restar votos a esquerda e de aí o nome tan confuso.


Continuará....





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.