Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de marzo de 2015

CONCURSO DE PINCHOS EN ASTURIAS






Desde hoxe asturianos e visitantes poden  gozar dunha semana chea de pinchos de campionato por toda Asturias. Se visitades calquera dos 27 concellos participantes, poderedes  probar o que cecáis, sexa o gañador deste VIII Campionato de Asturias de Pinchos e Tapas organizado polo xornal La Nueva España.


O cambadés Marcos Serén é un dos 168 participantes co seu pincho Asturias en el gofre que se pode degustar no Parador Molino Viejo de Gijón. Xa sabedes si visitades Gijón, visitade o Parador e poderedes probalo.

Este primeiro xurado do Campionato, está composto por profesionais, cociñeiros con estrela Michelín, acompañados de afeccionados gañadores do concurso, Xurado popular, para que a decisión sexa o máis obxectiva posible... total, un equipo de máis de 40 persoas para lograr a mellor selección do gañador. Na decisión tamén formades parte vos, por iso, a partir de hoxe poderedes votar o voso pincho preferido para que se leve o Premio do Público.

Asturias en el Gofre
Si queredes votar polo pincho do noso paisano picades no enlace Asturias en el Gofre e marcades o voso voto.
Desde CORES DE CAMBADOS queremos desexarlle moita sorte a Marcos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.