Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de marzo de 2015

PARA QUE TANTO SECRETISMO?





Para que tanto secretismo?
Nesta segunda parte desvelaremos algo máis sobre "Cambados Pode".

Cambados Pode nace viciado. Segundo o seu representante "...trátase dunha plataforma cidadá con caras novas e con cabida para persoas de todas as ideoloxías.
Cambados Pode leva varias semanas mantendo contactos e dialogando con veciños, participantes activos de diferentes ámbitos da vida cambadesa". "...Non somos de esquerdas nin de dereitas. Somos unha plataforma aberta a todos os veciños".
Desde logo pouca xente sabe ou supo desas reunións agás as persoas involucradas, ao contrario doutras forzas políticas que convocan asembleas abertas ou reunións con militantes e simpatizantes ou simplemente veciños. O lóxico e normal é que esas reunións foran abertas e participativas si se quere dar a imaxe que pretenden dar.
M. Abal Varela
Concelleira 4 anos do PP
Para levar tan pouco tempo planificando a formación dunha candidatura parece que xa está na recta final e xa están inscritos como partido. 
".....y el hecho de que figure yo como presidente del partido no quiere decir en absoluto que vaya a ser el candidato a la Alcaldía", polo que se entende que si o xoves decían que non sabían o que farían, mentían ou era para esconder as suas intencións.

Queren desligarse do antiguo IPC (Independientes Por Cambados) pero vai resultar complicado facelo cando algún membro do extinto partido, e agora implicado neste novo, espetoulle, hai menos dun ano aproximadamente, a Luís Aragunde, "....espero que ganes, porque da miña casa (familia) non vas levar ningún voto".

Anagrama do novo partido
Como decíamos  no artigo anterior sobre este partido os problemas surxidos entre algúns adegueiros e Aragunde provocou a "espantada" destes ao entender que o nomeamento como Cabaleiro do Albariño dun concelleiro eran un menosprezo a adegueiros con máis anos de traballo no sector e que a viaxe a Italia deste mesmo edil en calidade non se sabe de que, era para promocionar a sua adega en detrimento de outras, segundo os pequenos adegueiros.

O nome tamén pode inducir a engano. Que non se definan nin de dereitas nin de esquerdas é algo secundario, pero que utilicen o "Pode" lévanos a pensar en que trala aparición de "Podemos" este partido pode facer, na confusión entre estes dou nomes, un importante número de votos.



CONTINUARÁ.....



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.