Imaxinade que un concello da comarca ordena ao Xefe da Policía Local que visite zonas do concello susceptibles de ser melloradas ou non vialmente falando. Esto é ampliación de beirarrúas, arranxo e ampliación de accesos a negocios, negocios que están enfrontados moito co alcalde de esa localidade e coa Deputación.
Resulta que onte segundo un veciño dese pobo, o Xefe da Local desa vila estivo inspeccionando unhas beirarrúas e outros traballadores do concello entregáronlle un papel de un acceso a un negocio que tamén tiña que ver para emitir os informes correspondentes.
O caso é que este funcionario ten unha moi mala relación co seu alcalde, algo normal en funcionarios que gañan a plaza por méritos e oposicións que queren cumprir coa legalidade e non se deixan avasallar por elementos elixidos cada 4 anos que moitas veces non teñen nin idea nada máis que de saír nas fotos.
A sua labor é facer informes para ver si se poden ou non facer os arranxos necesarios e de que forma para facilitar o tránsito de peóns polas rúas e de vehículos en zonas complicadas. Por certo nese concello non paran de facer as obras que non se fixeron nestes 4 anos.
O paradóxico do caso é que tendo 4 anos para facer as cousas agarden aos derradeiros meses da lexislatura.
Será para convencer aos donos dos negocios que o prometido durante catro anos, por fin será realidade?
Será para voltar a enganalos con informes e que despois das eleccións farán as cousas e unha vez collida a poltrona nada de nada?
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.