Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de marzo de 2015

DOUS RIAS BAIXAS ACADAN AS MÁXIMAS DISTINCIÓNS NO MONOVINOS´15





albariño da D.O. Rías BaixasDionisos, elaborado por Adegas Galegas foi o viño que recibiu a maior distinción posible na categoría de viños brancos novos no concurso MonoVinos 2015: El Gran Oro.

Ademais, outro dos albariños producidos por esta adega, D. Pedro de Soutomaior, conseguiu tamén unha medalla de ouro.

Dous albariño 100%, adscritos á denominación de orixe Rías Baixas, que alcanzaron as máis altas distincións posibles neste concurso liderado polo xornalista especializado Ernesto Gallud. Trátase do único concurso de España que valora unicamente aos viños monovarietales e en cuxa segunda edición participaron un total de 168 viños. Só 6 deles foron galardoados co Grande Ouro.

Outros dos premios que recibiu recentemente o albariño Dionisos foron a medalla de prata no concurso nacional Cinve e outra prata na International Wine Guide.

Pola súa banda D. Pedro de Soutomaior, foi distinguido en anteriores ocasións con medalla de ouro e prata no concurso Baco Joven da publicación Diario de Viños e no International Wine & Spirit Competition rescpectivamente.


O diseño das etiquetas foi feito polo estudio de Marta Lojo en Cambados




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.