Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de marzo de 2015

AUMENTAN AS VOCACIÓNS SACERDOTAIS/POLÍTICAS





Rafael Louzán tivo onte a desfachatez de facer un mitin político desde o púlpito da igrexa de Bamio.
Nese mitin/homilía prometeu arranxar os problemas que afectan ao Cemiterio Municipal desa parroquia.
Serán 20.000 euros as que o ente provincial entregará aos veciños de Bamio para pagar as obras do muro de contención feitas no camposanto.
Non será a única actuación prevista estes meses na parroquia. E é que en escasos días as máquinas da Deputación de Pontevedra se trasladarán a Bamio para

realizar unha actuación que servirá para afianzar a bandeira azul da praia do Campanario, segundo explicou o alcalde, Tomás Fole.
Segundo Louzán desde o púlpito político advertiu que "prometer e non cumprir dende aquí é dobre pecado".
A Deputación é unha institución que non moveu un dedo, non descartamos que o faga en poucos dias, para
arranxar ou cando menos estudiar a situación do Cristo de Santa Mariña.

Aquí podes ver o vídeo do sermón publicado por "LA VOZ DE GALICIA"







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.