Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de febrero de 2015

VECIÑOS DE COVAS DE LOBOS QUÉIXANSE DOS CHEIROS E RUÍDOS DA EDAR






Os socialistas denuncian os malos cheiros e os ruídos que os veciños de Covas de Lobos veñen soportando dende que se puxo en marcha a estación depuradora de augas residuais (EDAR), uns problemas que o concello non é capaz de resolver.
Fátima Abal manifesta que, en lugar de facer algo para arranxar o problema, o alcalde mira para outro lado. “Parece que para Luís Aragunde hai veciños de primeira e veciños de segunda. Cando se puxo en funcionamento esta planta, xa se advertiron estes problemas, pero dende o concello informouse que eran inconvintes pasaxeiros derivados da posta en marcha da depuradora. Sen embargo, lonxe de ser un problema pasaxeiro, vemos como pasa o tempo e os problemas persisten”.
Por este motivo, os socialistas reclaman unha actuación de forma urxente, xa que os veciños e veciñas non teñen por que soportar uns ruídos que se ven acrecentados polas noites, así como uns cheiros pestilentes que proceden da cheminea que serve de respiradoiro.

Fátima Abal asegura que: “esto non se pode demorar máis. Ata cando teñen os veciños e veciñas que sufrir as consecuencias da mala planificación desta EDAR? Está claro que para Luís Aragunde non existen os veciños das zonas rurais, a él só lle interesa ter unha fachada bonita para presumir, e desentenderse dos problemas reais. Semella que para o noso alcalde hai varias categorías de cambadeses, senón non se explica o continuo desprezo ao que o partido popular somete a moitas zonas do noso pobo”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.