DESDE O XULGADO DESMINTEN TAL COUSA
Así consta no informe sobre o labor realizado por esta institución en 2014. Sobre os xulgados de Vilagarcía, notificóuselle a falta de espazo nestes, "de forma que no número un hai "expedientes dende 1988" ata 2011 e non caben máis", que "os de 2012 e 2013 están na oficina" e que nos corredores "hai montóns de caixas cheas de obxectos como navallas e coitelos".
A mesma situación de colapso presentaba o xulgado número dous, en cuxos arquivos hai documentos ata de 1940, e o tres, onde os andeis "se colocaron en calquera esquina, estorbando e entorpecendo en moitos casos a circulación do edificio, e supoñendo un perigo en caso de evacuación", e o arquivo "é un completo caos", con "caixas con toda clase de obxectos, formando montañas de lixo".
Pola súa banda, nos xulgados de Cambados "o arquivo contén documentos de 1980 a 2008, e cando baixen os de 2009 a 2011 estará cheo. O informe dicía que hai humidade e ratas, e que, como consecuencia dunha mala ancoraxe, caeron uns estantes".
Igual de cheos estarían os arquivos dos xulgados número dous e catro, e por todo iso o Valedor do pobo preguntou á Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia que medidas ía tomar para solucionalo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.