Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de febrero de 2015

15 NOVOS PERMEX PARA A CONFRARÍA DE CAMBADOS





A Consellería do Medio Rural e do Mar convocou 15 novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de pescadores de Cambados (Pontevedra).
Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e presentar a documentación requirida pola Consellería do Medio Rural e do Mar. Poderán consultar a convocatoria na páxina web da Consellería no seguinte enlace.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 24 de febreiro. As solicitudes poderanse presentar ata esa data (día incluído) e deberán presentaranse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Medio Rural e do Mar procederá á súa valoración. As solicitudes serán estudadas e baremadas, segundo recolle a Resolución do 12 de novembro de 2013 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se aproba o baremo para obter o permiso de explotación para o marisqueo a pé. Este baremo é común a todas as confrarías e foi publicado no Diario Oficial de Galicia do 21 de novembro de 2013.
Cabe lembrar que todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socieconómicos.
BAREMO que rexirá na convocatoria.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Como y donde pedir la solicitud para cubrirla y entregarla

CORES DE CAMBADOS dijo...

Na Confraría daranche toda a información.

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.