Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de enero de 2015

OS SOCIALISTAS PIDEN VALENTÍA A ARAGUNDE






O grupo municipal do PSdeG-PSOE en Cambados, encabezado pola súa voceira Fátima Abal, acaba de rexistrar hoxe mesmo unha moción para ser debatida no vindeiro pleno, e na cal instan ao Concello a que se dirixa ante a Xunta de Galicia e ante o Goberno do Estado para reclamarlle que tomen as medidas necesarias que garantan que ningún paciente quede sen o tratamento para esta enfermidade.
Dita moción foi impulsada pola Plataforma de Afectados por Hepatitis C, a cal contou dende o primeiro momento co apoio do PSOE, que entende que é unha inxustiza escudarse no prezo dos medicamentos para negar un tratamento que salva vidas.
Segundo Fátima Abal: “os gobernos do PP, tanto no Estado como na Xunta, demostran unha vez máis unha falta de sensibilidade brutal ante os problemas das persoas. Utilizan a crise como excusa para recortar en todo, cando en realidade o que buscan con estes recortes é propiciar un cambio no noso modelo sanitario público, un cambio que favoreza aos intereses privados”.
Fátima Abal sinala que “outras administracións coma a Junta de Andalucía, con goberno socialista, demostran día a día que cando hai vontade política pódense facer as cousas” en referencia ao compromiso expresado por Susana Díaz de que en Andalucía ningún enfermo de hepatite C vai quedar sen a medicación que necesite por causa económica.

A moción forma parte dun paquete de medidas que os socialistas levarán a cabo ante diferentes administracións, sinalando que a acción levada a cabo dende o ámbito municipal é fundamental, xa que como administración máis próxima aos problemas dos cidadáns, debe presionar ás administracións superiores. “Os socialistas entendemos que a política debe estar ao servizo da cidadanía, e resolver os problemas das persoas, esta é a súa razón de ser. Por iso pedimos que se resolva un asunto tan importante canto antes, cada día que pasa sen que un paciente reciba o seu tratamento empeoran as súas condicións de vida. Os recortes en sanidade matan. Por eso, pedimos que o concello se posicione.”

Os socialistas explican que Luís Aragunde ten dúas opcións: “pode ser valente e facer o que se espera dun alcalde, que é defender ás persoas e presionar ás administracións superiores para que solucionen os problemas, ou pola contra pode demostrar, unha vez máis, que se comporta como un súbdito que só está ao servizo dos intereses do seu partido. Por desgraza, esta é a opción á que nos ten acostumados este alcalde”


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.