Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de enero de 2015

OS ALCALDES DO PP DAN A ESPALDA AOS TRABALLADORES DO DIARIO DE AROUSA






Os traballadores de Diario de Arousa fixeron folga a partir das 8.00 horas deste venres en esixencia do pagamento das cantidades debidas pola empresa e a presentación dun plan de viabilidade que garanta a continuidade dos postos de traballo. 
A medida de protesta, que se repite en todas as cabeceiras do grupo Editorial La Capital (El Ideal Galego, Diario de Ferrol, Diario de Bergantiños e Deporte Campeón), durou ata as 8.00 horas deste sábado día 24 de xaneiro e estivo acompañada dunha mobilización na rúa. Fixeron unha concentración onte ás 20.00 horas na Praza de Galicia e pediron á sociedade arousana que lles dera o seu apoio coa súa asistencia.
 A realidade foi que a concentración contou coa presenza  de moita xente, pero o máis significativo foi a ausencia de alcaldes do PP da nosa comarca. A portavoz encargada de leer o manifesto acordouse deles, "... grazas a todos os que acudistedes, amigos, prensa, xente de a pe, e políticos agás aos alcaldes do PP que non viñeron".
Grazas a AROUSATV, podes ver i escoitar o momento da lectura do manifesto.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Le dan la espalda al trabajador mientras llenan los bolsillos de los empresarios con dinero publico a cambio del habla bien de mi. Españistan

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.