Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de enero de 2015

ARAGUNDE TORPEDEA A LABOR DA OPOSICIÓN





A día de hoxe, o grupo municipal  do BNG non recibiu resposta a unha serie de preguntas presentadas no rexistro deste concello. Entre elas está o escrito de data 15-outubro-2014 (R.E. 2014/7050) en relación ás obras na rúa Rosalía de Castro. Tampouco hai resposta ao escrito do 20-novembro-2014 (R.E. 2014/8195)  en relación a unha serie de preguntas sobre o sistema de utilización do pavillón do Pombal e das instalacións deportivas municipais, en xeral.

Ante esta tardanza que creemos desde este blog voluntaria, e dado que é algo sistemático, solicita o BNG, que se lle faciliten ao grupo municipal do BNG ás respostas  demandadas nos referidos escritos.

As cuestións as que fai referencia o BNG son as seguintes:

1- Coñecer cales son os criterios que utiliza o concello de Cambados para a asignación da utilización do pavillón municipal do Pombal?, que técnico municipal é o encargado de realizar a asignación semanal de espazos deportivos?, por que medio e con que regularidade se comunica dita asignación?, como deben realizar os clubs deportivos a súas peticións de pistas?, fai o concello algunha reunión conxunta cos representantes das entidades deportivas municipais para tratar este tema e tentar buscar unha solución de consenso a esta problemática?, por que o concello non  elabora un regulamento de usos das instalacións deportivas municipais que rematen coas problemáticas que se están a dar no noso municipio?.

2- Que unha vez consultado o expediente de autorización para a execución das obras  de “Mellora na rúa Rosalía de Castro”, o BNG puido comprobar que na valoración da Comisión Técnica de Patrimonio Histórico Municipal, dos 5 membros integrantes da mesma, só os tres dependentes do concello (presidente, aparellador e Técnico Xestor do Patrimonio municipal) votaron a favor deste proxecto, mentres caos dous técnicos pertencentes á Xunta de Galicia (Arquitecta e Arqueólogo da Consellería de Cultura, Educación e O. U.) se abstiveron. Como queira que as citadas abstencións, por parte dos técnicos da Consellería de Cultura da Comisión de Patrimonio, deberon responder a criterios ou opinións técnicas que os levaron a non apoiar o proxecto presentado; opinións que pensamos, deberon ser explicadas na citada Comisión para ter que xustificar esa decisión, é polo que solicitaban que se lle informe ao BNG cales foran as razóns técnicas polas que Arquitecta e Arqueólogo da Consellería de Cultura, Educación e O. U. non apoiaron o proxecto aprobado de “Mellora na rúa Rosalía de Castro”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.