Pero cantos pavillóns se fixeron?
Acaso non teñen outros deportes a mesma importancia que o fútbol?
Non se pide que faga a mesma cantidade de pavillóns pois todos sabemos que o fútbol é practicado por moita máis xente, pero a proporción tampouco se da.
Poderíase seguir con outras cousas as que a Deputación e Louzán non prestaron a mínima atención.
Por outro lado esta mañán compareceu en rolda de prensa na que afirmou ..." non hai incompatibilidade entre a nova responsabilidade e o cargo de presidente da Deputación polo que compaxinará ambos os dous cargos actuando con "transparencia".
"O gran reto é presentar 62 candidaturas gañadoras" do Partido Popular na provincia "e seguramente vou estar nalgunha destas candidaturas", así confirmouno Rafael Louzán aos xornalistas durante unha rolda de prensa na Deputación.
Estas verbas deixan dudas de si seguirá presente nas listas da sua Ribadumia natal ou polo contrario mudará de concello e hai varios candidatos posibles entre eles Sanxenxo onde a actual alcaldesa non ten seguro participar e Telmo Martín é un candidato nulo, tras a espantada de hai case 8 anos e os seus problemas coa xustiza, dos que por agora saleu libre.
Outro posible destino de Louzán pode ser Cambados debido ao desgaste de Aragunde que non conta co apoio dos míticos líderes populares de Cambados e que xa se reflectiu nas pasadas eleccións ao Parlamento Europeo e tendo en conta que Aragunde aínda non se pronunciou ao respecto.
Veremos que acontece nos vindeiros meses.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.