Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de diciembre de 2014

PROSIGUE A INVESTIGACIÓN DO TIROTEO DE ONTE


 

Buscan o presunto autor ou autores de un ou varios disparos que onte pola tarde ocorreu nun edificio dunha rúa de Cambados. 
A suposta víctima é veciño desa rúa.Aínda que onte pola tarde falábase de duas as persoas a quenes ían dirixidos os disparos.
Non hai versión oficial  dos detalles deste incidente que podería estar relacionado co trapicheo de drogas ou tamén segundo algunhas testemuñas e veciños con relación a compra-venda  dun automóvil.
Foto: La Voz de Galicia
Segundo esas mismas testemuñas unha ou duas persoas de pel morenas (non puderon concretar a raza, árabes ou xitanos) son os sospeitosos de ser os autores dos disparos.
Contrariamente ao publicado onte a esta hora continúa si ter sido detido ningún sospeitoso.
A investigación deste feito continúa aberta. Os feitos ocorreron no inmoble número doce da rúa Santa Margarida de Cambados. Contra as tres da tarde os veciños alertaron dunha liorta coa posibilidade de que houbese disparos así que rápidamente se activou o dispositivo policial. Durante a tarde, axentes da benemérita buscaban restos de pólvora na entrada do edificio para localizar o presunto autor ou autores dun ou varios disparos. Parece ser que un deses tiros puido impactar contra unha tubería e outro nunha porta. Ata a zona desprazáronse varias patrullas da Policía e da Garda Civil e tamén unha ambulancia pero non houbo feridos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.