
Na súa resposta, a Consellería de Medio Ambiente tenta botar balóns fora a base de descargar responsabilidades sobre as competencias municipais no saneamento do litoral municipal; que tamén as ten. Que fai neste asunto o concello de Cambados? A mal sitio vai a parar a Consellería se descarga responsabilidades na incompetencia, en cuestión de saneamento, do goberno municipal do PP de Cambados que sempre negou a evidencia do deficiente funcionamento da rede de saneamento municipal e dos múltiples episodios de vertidos ao mar, sen ser consciente de que verdadeiro futuro do noso concello pasa pola defensa do noso principal sector produtivo, o sector do mar, e non pola construción de praias artificiais.
Non é de estrañar que a produtividade dos bancos marisqueiros da Ría de Arousa se encontren baixo mínimos. O PP so se preocupa de anunciar periodicamente e, iso si, a “bombo e pratillo”, proxectos de saneamento integral da Ría. Pero a realidade é tan crúa coma nos brotes verdes de Mariano Rajoi, pois a situación cada vez empeora en lugar de mellorar, e mariscadoras e mariscadores téñeno máis difícil cada día para gañar un xornal digno.
A situación de indefensión do sector do mar, con respecto aos continuos vertidos, é totalmente crítica, pois non soamente, a día de hoxe, carecen de información sobre este vertido senón que resulta evidente que se poderían seguir dando máis casos como estes sen que o concello de Cambados ou a Xunta fagan nada para evitar e solucionar este grave e endémico problema. De nada vale gabarse, como fai a Xunta na súa resposta, de contar con sistemas de control de Augas de Galicia e con diferentes EDAR en funcionamento, se despois non controlan en absoluto os continuos episodios contaminantes. A situación dos bancos marisqueiros da Ría de Arousa cada vez é máis crítica e os intereses do PP, xunto coa súa incompetencia, fan moito máis dano ao sector do mar ca os vertidos contaminantesVíctor Caamaño é voceiro do BNG en Cambados
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.