Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de diciembre de 2014

ÉXITO DO NADAL PARA TODOS DOS SOCIALISTAS CAMBADESES





A Secretaria Xeral do PSdeG, Fátima Abal, mostrou a súa satisfacción co resultado que tivo a campaña posta en marcha co nome ‘’Nadal para todos’’ de recollida de produtos non perecedoiros para Cáritas.

Fátima Abal declarou “quero destacar a gran colaboración da cidadanía cambadesa que aportou varios centos de quilos de alimentos para os veciños que máis o necesitan, unha mostra da gran solidaridade dos cambadeses”.

“Ademais gustaríame mostrar o noso agradecemento a todos os que axudaron para conseguir o éxito desta campaña, tanto aos veciños como establecementos da vila que colaboraron nesta iniciativa solidaria”, afirmou Abal.

“As políticas aniquiladoras da política social do Partido Popular están a provocar que as familias o pasen cada vez peor, ao que a dificultade de realizala compra diaria se lle suma a pobreza enerxética. O PSOE presentou un plan para que ninguén pase frío e o Partido Popular opúxose, mostra da súa falta de sensibilidade coa cidadanía”, sentenciou a Secretaria Xeral.

Os socialistas cambadeses concluíron afirmando que “incluiremos no noso programa electoral que ningún cambades pase frío por culpa das nefastas políticas enerxéticas deste goberno así como faremos da política social un alicerce fundamental da nosa política no goberno cambadés” 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.