Esta perruquería de Cambados decidiu poñer en marcha hai tres anos esta iniciativa solidaria: cambiar xoguetes e alimentos non perecedeiros por unha manicura ou unha sesión de hixiene facial.
O obxectivo é axudar as familias máis necesitadas e conseguir que ningún neno quede sen xoguetes este Nadal.
"Porque hai moita necesidade e sen iniciativas como esta, pois non poderían o mesmo, porque cada vez hai menos axudas", di unha clienta.
"É moi satisfactorio ver á xente, o xeito de axudar, o que ti tamén poidas dar algo a cambio de...é moito traballo pero vale a pena", sinala a propietaria da perruquería.
Este troco realizarase ata o 27 de decembro. Xa van tres anos que o establecemento leva a cabo esta iniciativa, e pola boa acollida que está tendo esperan repetir para o ano que vén.
A nova na TVG, aquí
Imaxes e texto,TVG.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.