Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de noviembre de 2014

POUCAS CAPTURAS PERO BOS PREZOS PARA A ZAMBURIÑA







Esta semana comezou a campaña da volandeira en Cambados e en Rianxo. O sector di que hai poucas capturas pero que se pagan ben. O prezo medio na lonxa é de 2 euros e 46 céntimos, case un 30% máis respecto ao inicio do ano pasado.
65 barcos das confrarías de Cambados e Rianxo xa traballan cos bous de vara e as redes de arrastre de zamburiña. Tres días de traballo suficientes para facer un prognóstico. "O sentir común é que hai pouca voandeira. Quedan sitios por mirar onde a frota ten que probar pero en xeral é bastante escasa. Este ano non vai ser unha campaña moi abundante", afirma Ruperto Costa, patrón maior de Cambados.

Ata onte colléronse 12.000 quilos. Os prezos oscilaron entre 5,20 e 1,5. O prezo medio case chega aos 2,5 euros, o que supón un aumento respecto ao ano pasado de case o 30%. As confrarías acordaron ter un punto de venda único en Cambados. E é unha das novidades deste ano, pero non a única.

 
"Temos un acordo con Rianxo como por exemplo non traballar os venres porque as fábricas non compran e os prezos caen moito ese día. Tamén imos moderar os topes de zamburiña grande para intentar alongar a campaña o máis posible", comenta Ruperto Costa. O obxetivo é conseguir certa estabilidade nos prezos.



 Info:TVG

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.