Os grupos municipais do PSdeG-PSOE e do BNG rexistrarán hoxe 26 de novembro, ás 12 horas, unha moción conxunta proposta polo sector mexilloeiro para o etiquetado correcto dos produtos transformados e conservas do mexillón.
Esta nova situación legal permite ocultar a orixe do mexillón procedente de terceiros países transformado ou en conserva, polo que prexudica ao consumidor nos seus dereitos e intereses, favorece ás empresas que comercializan mexillón foráneo ocultando información en claro prexuízo das empresas que procesan mexillón cultivado en Galicia, o que repercute directa e negativamente no emprego e no sector primario, e consecuentemente na economía costeira e ás familias.
Esta é unha nova oportunidade para recuperar o dereito do consumidor a ser informado, e unha nova oportunidade para a defensa do Mexillón de Galicia e dos múltiples intereses a el vinculados, e debe ser o propio sector quen lidere esta defensa.
Nesta liña o Consello Regulador do Mexillón de Galicia ten elaborado un documento dirixido e presentado á Comisión Europea informando da situación específica do Mexillón de Galicia e solicitando que o mexillón sexa incluído no informe e na necesaria modificación normativa.
Así pois, para reforzar estes argumentos positivos e contribuír a acadar o obxectivo de etiquetar debidamente os produtos transformados e conservas do mexillón, ambos grupo municipais propoñemos que o Pleno debata esta proposta e:
- Acorde defender a obriga de indicar a especie e o país de orixe na etiquetaxe do mexillón transformado e en conserva, apoiando a modificación normativa que se detalla no punto seguinte.
2. Acorde instar ao Parlamento de Galicia a debater o contido desta moción e darlle traslado á Comisión Europea da seguinte proposta, así como que inste á Xunta de Galicia a igual acción:
A) Modificación do Regulamento de execución (UE) 404/2011 da Comisión:
1) O apartado 12 do artigo 67, substitúese polo seguinte texto:
"12. A información indicada nas letras a) e h) do artigo 58, apartado 5 do Regulamento de control non se aplicará aos produtos da pesca e da acuicultura incluídos nas partidas arancelarias 1604 e 1605 da Nomenclatura Combinada, agás os produtos da subpartida 160553 [mexillóns (Mytilus spp., Perna spp.)] e 16055900 [os demais]."
2) O apartado 5 do artigo 68, substitúese polo seguinte texto:
"5. O presente artigo non se aplicará aos produtos da pesca e da acuicultura incluídos nas partidas arancelarias 1604 e 1605 da Nomenclatura Combinada, agás os produtos da subpartida 160553 [mexillóns (Mytilus spp., Perna spp.)] e 16055900 [os demais]."14
B) Modificación do Regulamento (UE) 1379/2013, do Parlamento Europeo e do Consello; modifícase o parágrafo introdutorio do apartado 1 do artigo 35, como sigue:
"1. Sen perxuizo do Regulamento (UE) nº 1169/2011, os produtos da pesca e da acuicultura enumerados nos puntos a), b) c) e d) no anexo I do presente Regulamento e os produtos da subpartida 160553 [mexillóns (Mytilus spp., Perna spp.)] e 16055900 [os demais], que se comercialicen dentro da Unión, con independencia da súa orixe ou do seu método de comercialización, poderanse ofrecer á venta ao consumidor final ou a colectivos, unicamente cando se indique no marcado ou na etiquetaxe correspondentes:"
- Acorde instar á Xunta de Galicia a que apoie e dea traslado á Comisión Europea da modificación normativa detallada no punto anterior.
- Acorde remitir ao Consello Regulador do Mexillón de Galicia o texto do acordo acadado polo Pleno Municipal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.