Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de octubre de 2014

O "XEITO" MOBILÍZASE CONTRA BRUXELAS





O sector do xeito volveu na tarde do mércores ás mobilizacións. Os mariñeiros concentráronse no porto da Illa de Arousa para reclamar que lles permitan seguir empregando este arte de pesca tradicional e que a Unión Europea pretende prohibir xunto ás redes de deriva. Cren que o descoñecemento do sector por parte das institucións comunitarias pode levar por diante unha das artes máis antigas de cantas se empregan nas nosas costas.

Ao longo da tarde embarcacións que se dedican ao xeito foron chegando ao porto da Illa de Arousa. Mariñeiros de Cesantes, Rianxo, Cambados ou da Pobra do Caramiñal reuníronse no peirao para levantar a voz contra a prohibición desta arte de pesca. A decisión da Unión Europea de eliminar as redes de deriva a partir do primeiro de xaneiro próximo inclúe entre elas o xeito, a pesar de que desde o sector se asegura que é moi respectuosa co medio e que se leva empregando desde hai séculos.
 En total máis de 400 embarcacións en Galicia usan esta arte, e unhas 1.000 familias dependen dela.

O sector asegura que as mobilizacións non se van deter aquí. A próxima semana poderían ir mesmo ata Bruxelas e levar con eles as súas redes.

Este mércores o Parlamento Galego aprobou por unanimidade unha proposta para esixir que a Unión Europea non prohiba o xeito. O PP en Bruxelas non levou a voz cantante das protestas, foron os partidos da oposición PSOE e BNG os que presentaron mocións.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.