Ás 03.00 horas atrasaranse os reloxos unha hora e serán as 02.00 horas.
Trátase dunha directiva comunitaria de obrigado cumprimento.
Segundo estimacións do IDAE, o potencial de aforro en iluminación propiciado por esta medida podería ter alcanzado o 5%, equivalente a 300 millóns de euros, aos prezos actualmente vixentes.
Na madrugada do próximo domingo, día 26 de outubro, finaliza a "hora de verán". Os reloxos deberán atrasarse unha hora (ás 03.00 h serán as 02.00 h) e iso en cumprimento da Directiva Comunitaria 2000/84/ CE que rexe o denominado "Cambio de Hora".
O "Cambio de Hora" comezou a xeneralizarse, aínda que de xeito desigual, a partir de 1974, cando se produciu a primeira crise do petróleo e algúns países decidiron adiantar os seus reloxos para poder aproveitar mellor a luz do sol e consumir así menos electricidade en iluminación. Aplícase como directiva dende 1981 e foi renovada sucesivamente cada catro anos.
Dende a aprobación da Novena Directiva, polo Parlamento Europeo e Consello da Unión, en xaneiro de 2001, este cambio aplícase con carácter indefinido. Dita Directiva está incorporada ao ordenamento xurídico español por Real decreto 236/2002, da 1 de marzo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.