Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de octubre de 2014

"AQUÍ GALICIA" DA TVG EN DIRECTO DESDE CAMBADOS





O programa "Aquí Galicia" continúa percorrendo as vilas e cidades do país, recalando nesta ocasión en Cambados. Enclavado en plena ría de Arousa, Cambados está considerado a capital do albariño, un dos mellores viños brancos do mundo. A súa zona histórica está declarada Ben de Interese Cultural e alberga un dos conxuntos de pazos nobiliarios máis importantes de Galicia. Hoxe sábado                                                               desde as 17:oo hrs

Como non podía ser doutro xeito, o viño será protagonista esta tarde no espazo da TVG, que contará coa presenza dun adegueiro que elaborará albariño en directo. O programa achegarase tamén a unha das novas liñas de negocio da denominación de orixe Rías Baixas: o viño espumoso. No Salnés hai xa varias adegas que elaboran este produto con burbullas e que tratan de abrirse camiño nun novo mercado. O set de "Aquí Galicia" recibirá tamén a visita das raíñas e das damas de honra do albariño elixidas na última edición da que é a festa vinícola máis antiga de Galicia.

Posto que un bo viño é aínda mellor se se acompaña dunha boa comida, "Aquí Galicia" fará hoxe unha exaltación da vieira, un dos moluscos máis prezados. Os espectadores asistirán á elaboración dun prato con este produto como protagonista. E, como sobremesa, os doces de Samaín preparados pola Asociación de Amas de Casa de Cambados.

Ademais, o programa presentado por Lucía Rodríguez, Bernardo Montaña e Rodrigo Vázquez achegarase á fonda tradición mariñeira de Cambados da man das súas mariscadoras e redeiras, que guiarán unha ruta turística pola zona; e de Antonio Galiñáns, un mariñeiro xubilado que enche o seu tempo libre facendo maquetas de barcos.

E, para animar a tarde, que mellor que mover un pouco o corpo? "Aquí Galicia" ofrecerá unha exhibición de body jump e un espectáculo de tango. A música correrá nesta ocasión a cargo da cantante Tania Veiras, da orquestra Nevada, do grupo Treixadura, gañador do Premio da Música Galega Martín Códax 2013 na categoría de música tradicional, e das agrupacións Con de Xido, Xironsa e Volandeira.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.