Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de octubre de 2014

A XUNTA PERSEGUE AOS EMPOBRECIDOS E NON OS CHANCHULLOS DOS SEUS





A Xunta e o seu mundo ao revés, no que se desconfía das persoas empobrecidas e non das enriquecidas!

Nestes días varias persoas beneficiarias da RISGA recibiron no seus domicilios a inesperada visita dunha inspectora da Xunta. Sen previo aviso, unha funcionaria presentouse na vivenda dalgunhas delas, semella que escollidas ao chou, co fin de contrastar os datos recollidos nos seus expediente. Deste xeito a inspectora preguntaba e pedía documentación sobre aspectos tan diversos como: selado do paro, ingresos dos membros da unidade familiar, estado dos trámites de divorcio…
Coa escusa de controlar os casos de fraude dentro dos perceptores da RISGA a Xunta obriga a pasar a moitas persoas por unha nova rolda de recoñecemento, volvendo a preguntar por datos e a pedir explicacións sobre feitos que coñecen dabondo.
A Xunta lonxe de arranxar a desfeita da RISGA, preocupase agora por controlar o fraude dentro do colectivo de perceptores da RISGA. Lembramos que a RISGA nestes momentos esta marcada pola restritiva aplicación dunha nova lei sen desenvolver, polos elevados meses de agarda, por contías de miseria, por cobertura social ridícula…

Está moi ben que a Xunta se preocupe por como se empregan os cartos de tod@s, pero en vez de sinalar ás persoas máis vulnerables economicamente, debería comezar  mellor por controlar ás grandes fortunas e empresas e o seu abano de medios para evadir impostos. Acaso non hai sentenzas, datos, investigacións abertas… que apuntan a que os cartos de tod@s escapan sempre ás mans dunha minoría?.
Chega ao punto tal persecución de quitar a Risga por un dia de alta na Seguridade Social por un erro e non ter avisado de tal circunstancia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.