
Sábado 13 de Setembro, ás 15.00 horas terá lugar a apertura de inscripcións e ás 17.00 horas comezarán os xogos populares. Ás 18.00 horas os presentes poderán gozar coas motos lentas, a proba de decibelios e proba de minimoto e ás 19.30 horas levarase a cabo a entrega do primeiro agasallo ao participante da mellor queimada de roda con explosión incluída.
Ás 20.30 horas haberá unha exhibición de trial a cargo de Martín Riobo Hermelo, Mauro Hermelo Canosa e Marcelo Multari Pérez e ás 21.45 horas sairá o autobús, desde o pabellón, rumbo a O Noso Bar, lugar onde a partir das 22.00 horas os asistentes poderán gozar dunha amena cea. Xa, a partir das 00.30 horas, celebrarase a entrega de premios e o sorteo de agasallos e comezará unha pequena festa na cafetería e ás 02.00 da madrugada o autobús poñerán rumbo a Cambados para o fiestón.

Ás 05.00 e 06.00 da madrugada haberá servizo de autobuses desde a praza do Concello de Cambados ata o pabellón.
Domingo 14, a segunda e última xornada de concentración dará inicio ás 09.30 horas co almorzo de buffet libre en O Noso Bar. Ás 11.30 horas os inscritos poderán gozar dunha ruta motera polos municipios de Ribadumia, Cambados, Sanxenxo e Meaño e ás 14.00 horas deleitarse cunha picada na Bar Lage, coa que se poñerá punto final á reunión motera.
O prezo da inscripción será de 15 euros e inclúe cana de bienvenida, camiseta, cea do sábado, autobús á zona de marcha e almorzo e pincho do domingo.
Más información Tfno.: 698 159 844
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.