Sen dúbida o ensino público non está a ser valorado, aínda, coa importancia que realmente ten, pois desde hai mitos anos leva conseguindo que sexamos unha sociedade máis igualitaria onde, por exemplo, moitos dos actuais médicos, enxeñeiros ou inspectores de facenda son fillos de xente humilde pero que grazas a un bo ensino público, a un ensino non elitista e de calidade, conseguiuse que a valía das persoas non se medira pola súa capacidade económica, senón polo esforzo e as capacidades intelectuais, o que redunda no beneficio da maioría. Co PP no poder isto rematou, pois está a facer todo o posible por degradar o ensino público ao estado no que estaba nos tempos do ditador; nuns tempos onde so podían estudar o fillo do médico ou do notario.
Feijoo estreouse como presidente da Xunta eliminando o sistema de gratuidade dos libros de texto, eliminando profesorado, aumentando o seu horario, aumentando o número de alumnos por aula e, agora, axudando a implantar unha lei retrograda como a LOMCE que nos levará ao modelo de ensino dos nosos pais ou, quizais, avós. Estrease a LOMCE no meu centro sen investir un só euro, se non máis ben o contrario.
E mentres o PP trata deste xeito ao ensino público, está a subvencionar aos colexios do OPUS que segregan por sexo a rapaces e rapazas. Que intereses defende o PP? A quen representa realmente o PP? Está claro que cada vez representa a menos xente, por iso está disposto a cambiar unilateralmente as regras básicas da democracia para seguir manténdose no poder e seguir defendendo os intereses das minorías privilexiadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.