Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de septiembre de 2014

MAR DE FRADES NA PASARELA CIBELES


A edición limitada da botella de Mar de Frades deseñada polos deseñadores de Alvarno (Álvaro Castejón e Arnaud Maillard) debuta na Madrid Fashion Week. 


A sua etiqueta representa unha posta de sol que anticipa un suxerente albariño DO Rías Baixas da añada 2013. Dispoñible a partir de novembro.
Brioso e fresco, ideal para maridar con mariscos e todo tipo de peixes, Mar de Frades confiou esta vez a súa edición limitada ao equipo de creadores de Alvarno (Miguel Palacio ou a modelo Laura Ponche son algúns dos profesionais da moda que colaboraron coa adega). 

En nariz aparecen notas de froitas de pepita como a mazá verde e especialmente pera blanquilla; todo sobre un fondo floral sutil e persistente.
Na boca o percorrido é brioso, deixando unha sensación fresca, con continuidade do que marcaba a fase nasal (floreciñas e froitas verdes a piques de madurar).


Elaborado exclusivamente coa variedade de albariño, este viño é fiel compañeiro de mariscos como vieiras e ostras, de todo tipo de peixes, así como de arroces e ensaladas con froitas tropicais.
Una explosión de cor con elementos xeométricos en repetitiva armonía desvelan o azul tan característico da esencia deste albariño. Os deseñadores interpretan nesta edición limitada unha imaxinaria posta de sol a través de elementos do mundo da moda: o tecido e unha cremallera de dobre cursor que lles representa, para transportarnos a un momento no que gozar de todo o frescor e a intensidade aromática de Mar de Frades.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.