Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de septiembre de 2014

DE SANDOKAN A WILLY FOG





É completamente necesario que cada pouco o "Sandokan" de Oubiña ande a pasear polos pobos e vilas da provincia? Non debera estar un pouco máis no despacho estudando cousa que facer por mellorar no canto de estar dia si e dia tamén a pasear. Raro é o dia que non saia nas notas de prensa da Xunta o nome do novo Willy Fog recorrendo a provincia.
Non hai moito fixo tres visitas a Cambados en menos dunha semán. Non podería facer todo o mesmo dia e aforrarnos dietas? Claro como el non paga debe crer que é gratis. Andarían tanto de paseo si tiveran que por cartos do seu peto?  NON


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou o remate das obras de mellora e ensanche do camiño rural Facho-Correlo na parroquia de Castrelo en Cambados, executada a través do Plan Marco da Consellería de Medio Rural e do Mar. 

Nesta visita estivo acompañado polo alcalde da localidade, Luis Aragunde, así como polo xefe territorial da Consellería de Medio Rural e Mar, Miguel Dubois.
As obras consistiron na rozadura, desarbolado e destoconado con refino, planeo e apertura de cunetas ao longo de 300 metros cun ancho medio de cinco metros. A execución dos traballos levouse a cabo co estendido de macadam de 15 centímetros de espesor e un triplo rego asfáltico con aglomerado en quente de 5 centímetros de espesor.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.