Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de septiembre de 2014

GALEGAS QUE TRIUNFAN NA FASHION WEEK DE MADRID





Modelo de Eva Soto
Elena Rial e Eva Soto Conde. Son dous valores novos do deseño galego que onte presentaron as súas coleccións no Ego da pasarela da Semana da Moda de Madrid. 

É o universo de Elena Rial na Fashion Week Madrid. Con só 23 anos, a deseñadora de Mos reinterpreta a obra do escritor e ilustrador norteamericano Henry Darger e a pon sobre a pasarela, unha porta de entrada ao universo da moda.

As cores vivas sérvenlle a Eva Soto Conde para tinguir as lembranzas e as incontables conexións do cerebro. O desta cambadesa é arte en estado puro. Volumes imposibles e traballo artesán que repite, por terceira vez na pasarela de Madrid.

Modelo de Elena Rial
Eva Soto Conde volveu á Mercés Benz Fashion Week (a antiga Cibeles) e fixóo cunha colección dedicada (RECUERDOS)  á mente e aos seus propios recordos. A cambadesa fai só un par de días que gañou un dos primeiros premios do concurso internacional de vestidos de papel de Güeñes.

Son as propostas dos novos valores que chaman ás portas do mundo da moda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.