Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de agosto de 2014

OS XULGADOS DE CAMBADOS E VILAGARCÍA NO AIRE






O ministro de Xustiza comprometeuse a semana pasada, co presidente da Xunta, a modificar o texto da reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial, que prevía eliminar partidos xudiciais e concentralos en capitais de provincia.
O texto que irá ao Consello de Ministros en setembro admite máis dun tribunal de instancia provincial e mantén os partidos.
Así, cidades como Santiago, Vigo e Ferrol poderán ser sedes dun tribunal de instancia propio.
Pero as declaracións de Gallardón seguen tendo un pouso de falsedade. Nesas declaracións viña a decir que o texto xa incluía desde o principio a non supresión de certos xulgados e o mantemento dos Partidos Xudiciais.
Entón porque saiu Feijóo tan satisfeito da reunión co ministro?.
Ademáis, presumindo de que se tivera en conta as peticións da Xunta así como de outras comunidades? 

Cambados 
Nesas mesmas declaracións decía o ministro Gallardón: "Para que sexa posible a creación excepcional de máis dun tribunal de instancia por provincia será necesario que en cada localidade onde se queiran crear exista xa un mínimo de unidades xudiciais: unha na orde contencioso-administrativo, social e civil e polo menos cinco na orde penal. Polo tanto nin Cambados con 4 nin Vilagarcía con 3 cumpren cos requisitos polo que o anuncio, en principio é unha media verdade.

Polo tanto moitos dos 45 xulgados que agora existen desaparecerán. O que quere decir que Feijóo pouco consigueu nesa reunión.
Vilagarcía

Alfonso Rueda dixo onte 3 de agosto en Cambados, que  " "haberá axustes técnicos, haberá pequenos cambios que haxa que facer" e referíase a os Xulgados das cidades, non aos da vilas cando asegurou que  "aquí o que se estaba discutindo era se as cidades galegas ían ter todas un tribunal de instancia e se ían desaparecer ou non os partidos xudiciais. Iso creo que quedou absolutamente claro e xa non corre ningún perigo".



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.