Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de agosto de 2014

O BNG CRITICA A ACTITUDE DO PP NO PLENO DE ONTE





Está claro que PP non hai máis ca un, independentemente de quen sexa a cara de turno que o representa. O importante é manterse no poder a toda costa para seguir utilizando a política como medio de vida e non como un servizo á cidadanía. Nesta liña, no pleno do xoves o PP presentou a moción que está a promover por todo o Estado para que nas próximas eleccións municipais as alcaldías sexan para a lista electoral máis votada. Semella que os 1200 votos que perderon, en Cambados, nas últimas eleccións europeas comeza a poñelos nerviosos e, por iso, no pasado pleno iniciaron a campaña das municipais cun recopilatorio de obras e milagres do PP en Cambados acompañados de múltiples autoeloxios á súa xestión municipal e afirmando que os veciños e veciñas de Cambados están contentísimos con ela. Pero por se a propaganda política non lles asegura a alcaldía tamén queren utilizar a vía do cambio da  lei electoral.

Na situación social e económica pola que estamos a pasar, para o PP a prioridade é non perder o poder. Nun momento onde a xente está a demandar máis participación nas decisións políticas, que se escoite a súa voz, que se favorezan as consultas cidadáns, que haxa transparencia na xestión e transparencia na contratación, que haxa máis competencias municipais para que realmente se poida dar un servizo útil aos cidadáns. Nun momento onde se esixe a necesaria transparencia na xestión política para que a corrupción non sexa a norma e para que se xulguen aos corruptos. Nun momento onde os/as múltiples parados/as están a pedir traballos para poder sobrevivir ante esta precaria situación económica. No momento crítico polo que estamos a pasar, ao PP o que lle preocupa realmente é non perder o “chiringuito” e utilizar calquera posibilidade que lles permita seguir agarrados ao poder. Está claro que a degradación democrática das propostas do PP é cada vez máis extrema e non teñen ningunha vergoña en levalas a cabo por calquera medio.

A triste realidade é que Aragunde non tería que preocuparse por perder a alcaldía, pois sempre podería ser asesor da deputación, xerente de bombeiros ou político-empresario como algúns dos seus amigos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.