Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de agosto de 2014

A TOXINA PARECE QUE VAI REMITINDO NAS RIAS GALEGAS











O episodio de biotoxina que lle afecta aos polígonos mexilloeiros das rías galegas podería estar remitindo. As análises do Instituto Tecnolóxico do Mar detectaron nas últimas horas unha diminución no número de células tóxicas. Na ría de Arousa xa permitiron a reapertura dun dos polígonos afectados.

Na ría de Arousa, reabriu un polígono de bateas, concretamente na zona de Vilagarcía.
Nas próximas horas podería suceder o mesmo con outros polígonos desa mesma ría e tamén da de Vigo. Os técnicos son optimistas, porque o número de células tóxicas diminuiu moito nas últimas horas, favorecido pola entrada de auga fría.

Todo o sector marisqueiro está afectado polo episodio. Non só porque hai pechadas bateas de ostras e tamén zonas extractivas de ameixa e navalla. Se non tamén porque o episodio de marea vermella está provocando unha caída de prezos.


Mentres hai desconcerto no sector despois de que Francia decretase unha alerta sanitaria tras detectar 60 casos de intoxicación alimentaria que atribúen a unha partida de mexillón galego.

A Xunta enviou os informes de trazabilidade das partidas de moluscos exportados, mentres as asociacións de mexilloeiros apuntan a que non é a primeira vez que Francia decreta unha alerta que despois non se confirma. Ao tempo, defenden o sistema de control dos moluscos galegos coma un dos mellores do mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.