AS XUVENTUDES SOCIALISTAS DE CAMBADOS ÚNENSE A PETICIÓN
Durante a Festa do Albariño, Cambados convírtese no foco de atención dos medios de comunicación. O desfile da comitiva do Partido Popular e da do Capítulo do Serenísimo centra todas as miradas o domingo da Festa. A única función de Damas e Cabaleiros é a defensa do Albariño en tódolos ámbitos e lugares posibles.
Levamos anos denunciando a acaparación que fai o Partido Popular da Festa de tódolos cambadeses, nomeando Damas e Cabaleiros soamente a cargos dese partido. Isto trae como consecuencia o nomeamento de persoas con capacidade máis que dudable para defender o noso viño e representar a Cambados no exterior.
A inminente entrada na cadea de Jaume Matas, Cabaleiro do Capítulo do Serenísimo e ex-Ministro de Medio Ambiente co Partido Popular, pon de manifesto o anteriormente mencionado. Non é de recibo que o viño que todos defendemos teña como defensor a unha persoa que está na cadea por corrupción.
Por outra parte, a toma de decisións do Capítulo do Serenísimo, organismo encargado do nomeamento de Damas e Cabaleiros, correspóndelle ao Gran Mestre do mesmo, na actualidade Alberto Nuñez Feijóo. Na súa ausencia, as comepetencias recaen no Copeiro Maior, na acutalidade vostede mesmo, Luis Aragunde.
Polo tanto os Socialistas de Cambados piden que na vindeira xuntanza do Capítulo do Serenísimo o Alcalde de Cambados, Copeiro Maior do mesmo, inste ao Gran Mestre, Alberto Nuñez Feijóo, a que retire o título de Cabaleiro ou Dama do Capítulo do Serenísimo da Festa do Albariño a todos aqueles condeados por corrupción, comezando por Jaume Matas i Palou.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.