O vindiero sábado 14 na estación de autobuses de Cambados terá lugar a primeira asemblea de PODEMOS en Cambados.As 18:00 horas no segundo andar. Nesta asemblea o Círculo Podemos fai a sua presentación oficial en Cambados nunha asemblea aberta e participativa na que pretenden que calquer persoa ou entidade se integre no grupo para tentar concurrir as eleccións municipais do ano que ven.
Así describen o seu proxecto:
" Porque no momento histórico que estamos, cando as tarefas que temos que acometer para botar fóra a casta que só nos ofrece austeridade e miseria baixo a excusa do pago dunha débeda ilexítima para que a minoría que reparte miseria siga no poder son urxentes, é cando máis necesario é que todas e todos participemos.
"É a hora da xente!", diciamos antes das eleccións europeas e o mantemos agora. Que os cambios enormes que temos que acometer non nos asusten, confiemos no poder da xente: a democracia só se constrúe coa participación de todas e de todos.
Só a xente salva xente".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.