Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
3 de junio de 2014
O PROMETIDO CENTRO DE DIA VOLVE A SUFRIR UN RETRASO
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio de licitación das obras do centro de día de Cambados. Para tal fin rehabilitarase o antigo matadero, situado en San Tome, onde fai meses, moitos meses, que colga o cartel das obras. O proxecto sae a licitación por 799.081 euros e un prazo de ejecución de doce meses. A licitación realízase polo trámite ordinario. As empresas teñen de prazo un mes para presentar as súas ofertas. As obras finánciaas a Consellería de Traballo e Benestar.
A obra xa debería estar próxima a comezar pero novos erros retrasaron tal licitación demorando por enésima vez o tan necesario centro.
Hai uns dia prometeron desde o governo local e a Xunta que en decembro(sin ter rematadas as obras) xa se podería usar. Coma sempre os cambadeses volven a ser tomados por parvos, senón non se entende que se intente facernos "comulgar con rodas de muíño"
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.