Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de junio de 2014

AS OBRAS DO MAGARIÑOS CHEGAN AO PARLAMENTO GALEGO




As obras da pista do colexio Magariños chegan ao Parlamento galego en vista das pésimas e contradictorias explicacións de Luís Aragunde.

Montserrat Prado Cores e Cosme Pombo Rodríguez, deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG) formularon a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita, relativa á situación provocada polo retraso na realización das obras de mellora no CEIP Antonio Magariños de Cambados.
No mes de agosto do ano 2012 informouse por parte da Xunta de Galiza
sobre as obras que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria tiña planificado realizar no CEIP, Antonio Magariños de Cambados.
Tanto no Portal Educativo da Xunta de Galiza como en distintos medios de
comunicación, apareceron informacións sobre as obras que estaban planificadas
realizar nese curso escolar.
Naquel momento, a Consellería informaba da existencia dunha partida
para o arranxo das instalacións deportivas, principalmente, para a mellora da pista deportiva cuberta. Esta información foi refrendada polo Conselleiro nunha visita ao centro educativo.
En febreiro de 2013, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria na contestación a unha pregunta realizada polo BNG, sobre a non
conclusión das obras e as datas previstas para a súa realización, non foi quen de
facer ningunha concreción, nin por suposto dar unha data, limitándose a dicir que “as obras de mellora darán comezo en función da dispoñibilidade orzamentaria”.
En novembro de 2013 volveron facerlle promesas á comunidade educativa
do colexio Magariños nunha reunión, na que estaban presentes o Xefe Territorial
e o propio Delegado da Xunta en Pontevedra José Manuel Cores Tourís, que
cualificou de prioritarias as actuacións que había que realizar, comprometéndose
a facer unha valoración económica e técnica das intervencións precisas, e feita a
mesma a manter unha reunión.

Mais a realidade é que sete meses despois desta reunión e case dous anos despois das promesas realizadas, están sen completarse as obras prometidas, a pesar da catalogación destas obras como prioritarias e de que “teoricamente” hai varios anos que tiña orzamento, obras que seguen sendo urxentes, porque cando chove non é posible realizar actividades de educación física polo perigo que supón, para a integridade física do alumnado.
Para desagrado do BNG e da comunidade educativa do CEIP Magariños,
estes días aparecía unha información nos medios de comunicación na que se
dicía que o proxecto non está rematado e polo tanto moi pouco probábel que as
obras se poidan realizar antes de rematado o verán.
Este desagrado convértese en estupor coas declaracións feitas polo alcalde
do concello de Cambados, Luis Aragunde, que ven de asegurar con rotundidade o comezo “inminente das obras” desmintindo a información dos responsábeis da
Xunta en Pontevedra que admiten que o proxecto no está rematado.
Para o BNG resulta escandaloso o engano sistemático do PP á comunidade educativa do CEIP Magariños, tanto desde o Concello coma desde a
Xunta, e lamentamos que estean instalados na política de propaganda e non na de cumprir os compromisos, especialmente lamentamos esta actitude porque
estamos a falar da calidade educativa d@s nen@s e da súa seguridade.

Por estas razóns formulan as seguintes preguntas para a súa resposta
escrita:
-En que data se van acometer as obras de mellora prometidas polo
Conselleiro, polo Delegado da Xunta na provincia de Pontevedra e polo Alcalde
do Concello de Cambados no ano 2012?
-Vanse iniciar as obras “inminentemente” como anuncia o alcalde, ou está
sen rematar o proxecto como manifestan responsábeis da Xunta en Pontevedra?
-Cales son as razóns para que a Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria non teña realizadas as obras prometidas desde hai case 2 anos no CEIP Magariños de Cambados?
-Tense realizado por parte da Consellería algunha comunicación @s
responsábeis do centro educativo a respecto da previsión de inicio das obras?




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.