Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de mayo de 2014

O ELECTORADO DO PP QUEDOU NA CASA







"O noso electorado decidiu, quedando na casa, darnos un toque de atención e o PP acusa recibo desta mensaxe: que nos temos que poñer a traballar e recuperar a confianza. Non vale gañar eleccións, perdemos voto e desde a vitoria electoral é necesario facer estas reflexións". Foi a reflexión feita este luns por Alfonso Rueda, número dous do PPdeG.
Algo que nos parece bastante raro. Tendo en conta que o electorado do PP sempre é dos que se mobiliza, por mal que o faga o partido. Tamén pode ser que realmente conte con menos votantes fieis e que os aumentos rexistrados en anteriores eleccións sexan máis castigo a outros partidos (sobre todo ao PSOE), que voto ideolóxico.
Unha reflexión real na que recoñeceu o que puido comprobar todo o mundo, que o PPdeG sufriu unha importante baixada de votos nun dos seus viveiros electorais. Aínda con todo, tanto Rueda como Alberto Núñez Feijóo sacaron peito e comparando eses resultados como mellores que os que acadou o PP no conxunto do Estado. 

Sen embargo, nin Feijóo nin Rueda deixaron escapar a oportunidade para criticar o resto dos partidos con representación en Galicia. Cecáis para que a ferida non fose tan grave, indicaron que o resto de forza galegas tiveran tamén un retroceso. "O PSdeG constata un descenso importante sen ser a forza política de goberno en España nin en Galicia, así como tampouco na maioría de municipios", dixo Rueda.
De AGE indicou que, a pesares de ser a "gran sorpresa" nas pasadas autonómicas, "perdeu case a metade dos seus votantes" e, na súa opinión, quen manifestou o seu desencanto nesas eleccións votando a AGE "agora fano votando a Podemos".
En canto ao BNG, lembrou que se sitúa como a quinta forza en votos en Galicia, nuns "niveis descoñecidos" para esa formación e partindo "dun chan baixo" nas pasadas europeas, polo que dixo que é "difícil entender a satisfacción de Vence".
Esto último habería que preguntarllo tamén as directivas do PP a nivel galego e de España, pois a pesares do gran retroceso ámbalas duas sacan peito.
O gráfico de abaixo bota por terra parte das afirmacións de Rueda e Feijóo.

A abstención non é desculpa e quen máis baixou porcentualmente foi o PP. O PSOE incluso subeu as suas porcentaxes en Lugo e Pontevedra con respecto as autonómicas do 2012. E a baixada doutras forzas non é equiparable a do PP.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.