Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de mayo de 2014

DESPOIS DOS RUSOS TÓCALLE O TURNO AOS LITUANOS





Signe Meirane e Armans Meirans, dous xornalistas da revista lituana Cetras Sazonas especializada en gastronomía, visitan estes días a Comunidade galega co obxecto de recadar información sobre os produtos e os pratos que máis caracterizan a cociña galega para elaborar unha reportaxe culinaria específica de Galicia.

Esta viaxe está organizada por Turismo de Galicia, en colaboración coa Oficina de Turismo de España en Estocolmo, levará os xornalistas lituanos a visitar boa parte do territorio galego para que poidan obter a mellor información sobre a gastronomía galega, tanto da costa como do interior.
Ademais, na súa estadía en Galicia, os dous xornalistas poderán coñecer parte da oferta turística galega máis destacada.

Visita a adegas


Para a procura de documentación da reportaxe sobre Galicia, que tamén inclúe un apartado cultural, Signe Meirane e Armans Meirans visitarán cidades galegas como Santiago de Compostela, Ourense ou Pontevedra, as Rías Baixas e do interior da Comunidade autónoma, ademais de achegarse a distintas adegas, fábricas de queixos ou coñecer a produción do Pemento de Herbón e a explotación de mariscos.

No eido turístico, os xornalistas letóns poderán compartir unha actividade de turismo mariñeiro, aloxarse en establecementos de turismo rural e nun balneario.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.