Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de mayo de 2014

CAMBADOS PODE RECUPERAR A MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR





Mostra de Teatro Escolar

Foto: La Voz de Galicia
A recuperación da Mostra de Teatro Escolar pode converterse nunha das principais novidades da programación desenvolvida polo Concello con motivo do Día das Letras Galegas, que celebrou os seus actos centrais a pasada fin de semán.
Na xuntanza do goberno municipal co profesorado, algúns centros escolares amosaron interese por recuperar a devandita mostra, que se perdera nos últimos anos por dificultades operativas dos profesores. Finalmente, acordouse fixar a data do mércores, 28 de maio, como a sinalada para representar varias pezas teatrais que algúns centros xa teñen ensaiadas ó longo do curso. Os colexios que xa aseguraron a súa participación foron os da escola infantil A Pastora e CEIP Antonio Magariños, quedando pendentes de confirmacion outros dous centros.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.