Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de abril de 2014

TECNICOS INTERNACIONAIS VISITARAN A PROVINCIA





Técnicos da UE visitarán o venres e sábado diversos lugares do Salnés e Pontevedra de cara á posible organización do Concurso Mundial do Viño de Bruselas na provincia

A Deputación de Pontevedra promove o vindeiro fin de semana a visita dun grupo de técnicos da Unión Europea de cara a organizar o Concurso Internacional do Viño na provincia. Este prestixioso concurso internacional foi creado en 1994 co nome de Concurso Mundial de Bruselas. A súa primeira edición tivo lugar na cidade belga de Brujas.

8.000 viños de 40 nacionalidades


Actualmente conquireu fama e recoñecemento internacional de xeito que é o equivalente a un campionato mundial de cata no que compiten 8.000 viños de máis de 40 nacionalidades, que representan a máis de 500 millóns de botellas comercializadas.

Dende 2006 _aínda que conserva a súa alusión a Bruselas na súa denominación_ celebrou as súas edicións en Lisboa, Maastricht, Burdeos, Valencia, Palermo, Luxemburgo, Guimaraes e Bratislava.

O xurado do Concurso Internacional de Bruselas, que está reconocido a nivel internacional como un dos concursos máis prestixiosos do sector, está formado únicamente por profesionais do sector do viño. En concreto, catadores, enxeñeiros, enólogos, xornalistas e escritores, compradores e operadores internacionais, sumilleres e expertos recoñecidos no mundo vitivinícola. A edición deste ano terá lugar en Bruselas do 2 ó 4 de maio.


Técnicos e lugares que visitarán

Os técnicos que se desplazarán a Pontevedra para analizar e comprobar as infraestruturas, adegas, estruturas vinícolas, etc. de cara a celebrar na provincia unha vindeira edición están encabezados por Baudouin Havaux, presidente do Concurso Mundial de Bruselas, experto da FAO e director xeral de Vinopress, e por Juan Manuel Revuelta, asesor do Parlamento Europeo e da Comisión de Desarrollo Rexional, así como profesor do Instituto Europeo de Maastricht e presidente da Red European Regions Research.







Na súa visita á provincia, visitarán o venres e o sábado adegas como Lagar de Pintos, Pazo Baión ou o Pazo de Fefiñáns, o Salón de Congresos José Peña de Cambados, o Consello Regulador da DO Rías Baixas en Pontevedra, a Praza de Abastos da cidade e o Pazo de Congresos da Toxa.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.