Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de abril de 2014

SERÁ ESTA VEZ A DEFINITIVA? CONSTITUIRASE O C.E.M. DE CAMBADOS?




Dende a A.N.P.A. A Pastora, A.N.P.A Santa Mariña Dozo, A.N.P.A. Con de Sete Pías, A.N.P.A. Os Caeiros e A.N.P.A. Ramón Cabanillas estiveron recollendo firmas entre os pais de alumnos e veciños de Cambados para solicitarlle ó concello que constitúa e poña en funcionamento o consello escolar municipal(CEM). Despois do respaldo recibido, en forma de firma, solicitaron unha reunión ao alcalde para expresarlle as  inquedanzas sobre o consello escolar municipal, no transcurso de dita reunión recibiron o compromiso por parte do alcalde de empezar co proceso de elección de representantes e constitución de dito consello escolar (CEM), así mesmo presentaron en rexistro un escrito firmado polos presidentes das citadas A.N.P.A.s coa mesma solicitude.

Agora haberá que agardar que tras aceptar a petición das ANPAS confirme a creación do CEM que xa prometera en sesión plenaria hai dous anos. 
Moito nos tememos que non sexa así e de constituirse se celebren reunións periódicas co gallo de favorecer a creación dun clima de concordia e unidade entre concello e comunidade educativa que é do que ao fin e ao cabo se trata. Por experiencia nun Consello Escolar teño que decir que so unha vez das máis de vinte reunións as que asistín acudeu o representante do concello.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.