Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de abril de 2014

OS PRESUPOSTOS DE CAMBADOS, DE MAL EN PEOR.




Súbese o presuposto para a Festa do Albariño cando se supón que as actuacións deste ano ían ser pagadas por Madrid grazas ao programa "Musica con D.O."
Para a nova praza de abastos que se vai a empezar a finais de ano, e dado que as outras institucións involucradas non teñen presuposto ata o 2015 invertiranse 59.000 euros. En qué?
Do "Centro de Dia" non se dan cifras, i é que igual non hai partida.
A escalinata de San Tomé vaise a arranxar tralas denuncias de veciños e blogs locais. Por fin fan caso aos humildes cidadáns.
A Fundación Manolo Paz de Arte Contemporáneo, leva 5000 euros e si un cambadés quere visitala ten que pagar. Aparte dos gastos que xerou o acondicionamento de accesos a dita fundación.
A contía destinada as becas non sube.
Os gastos de persoal levan a maior parte do presuposto sen ter cubertas a totalidade de prazas de funcionario, cubertas as veces por persoal interino.

O Pleno da Corporación vai debatir este xoves o documento de Presuposto Municipal para este ano 2014 que alcanza a cifra de 8.734.668,33 euros, só 249.352 euros máis que o do pasado exercicio. Coma sempre, a partida de gastos máis alta é a destinada a retribucións de persoal con 3.650.293 euros, cunha baixa de 19.500 euros respecto ó pasado ano.
Na previsión orzamentaria mantéñense as partidas de transferencias destinadas a entidades culturais, cun incremento de 5.000 euros nas deportivas (70.000€), e outra suba de 3.000 euros ás entidades benéfico asistenciais (33.000€) que son prioritarias para o goberno municipal e xa experimentaron subas en anos anteriores. Tamén se manteñen en 7.000 euros as bolsas de ensino destinadas a estudiantes cambadeses.

Entre as principais partidas de gastos destinanse 195.000 euros ó Servizo de Axuda no Fogar, 20.000€ máis que o ano anterior (45.000 máis que en 2012), tendo en conta o incremento do número de usuarios, e ademais porque é unha axuda fundamental para cubrir necesidades básicas como a limpeza do fogar e a manuntención das familias que o precisan. O Fondo de Emerxencia Social ascende a 15.000 euros (5.000€ máis), en previsión das continxencias que poidan producirse.
O documento orzamentario redactouse na liña do anterior para adaptarse á realidade económica municipal. Increméntase en 57.960 euros o capítulo 2 de gastos en bens correntes e servizos, onde se recolle a suba de Sogama para efectuar a recollida de residuos sólidos. Na partida destinada a reparación, e conservación de vías públicas, inclúense 99.505 euros para a restauración da escalinata de San Tomé.

As principais inversións quedan supeditadas aos proxectos que se aproben durante este exercicio, con respaldo da Xunta ou doutras administracións, como é o caso do proxecto da nova Praza de Abastos que xa conta para este ano cunha aportación municipal de 59.000 euros a completar no próximo curso, así como o proxectado Centro de Día, que xa conta con dotación económica da Xunta de Galicia.
No capítulo de transferencias mantense unha partida de 5.000 euros destinada á Fundación Manolo Paz de Arte Contemporánea,  unha máis de 8.000 euros para continuar cos programas de prevención do SPAD, así como outra de 150.000€ para obras de restauración da Área de Rehabilitación (ARI).
Estes orzamentos prevén unha pequena ampliación no capítulo destinado a festexos, onde se inclúe a Festa do Albariño, subindo de 250.000 euros en 2013 a 275.000 euros este ano. O notable descenso de 90.000 euros dos últimos tres anos (340.000€ en 2010 a 250.000 en 2013) repunta a alza nunha pequena porcentaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.