Representantes da frota de cerco das confrarías de Sada, A Coruña, Cambados y Portosín, pecháronse nunha sala do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela, mentres no exterior do Pazo do Hórreo medra a tensión entre os pescadores e os axentes policiais
A manifestación da flota do cerco galega para reclamar unha repartición “xusta” das cotas de caballa e xurelo concluíu con incidentes e enfrontamentos entre os antidisturbios e os manifestantes, que desprazaron a súa protesta ata o Parlamento de Galicia, malia que nun principio estaba previsto que a súa manifestación concluíse ante a sede do Goberno galego, en San Caetano.
No percorrido cara ao Pazo do Hórreo, os manifestantes foron tirando colectores ao medio da estrada e lanzaron unha bengala e varios petardos. Ata ese momento, no traxecto dende a Praza do Obradoiro ata San Caetano, a protesta transcorrera sen incidentes, pero no seu discorrer ata o Parlamento provocou problemas de circulación no centro da cidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.