Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores". CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
12 de marzo de 2014
OS REPRESENTANTES DOS CERQUEIROS ABANDONAN A REUNIÓN NA CONSELLERÍA
Os cinco representantes da frota de cerco que rexeitan o repartimento actual de xarda e xurelo abandonaron a reunión convocada para as tres e media da tarde na Consellería do Mar, por estar presente a súa titular, Rosa Quintana. Pretendían que lles pedise desculpas públicas polas declaracións en que lles criticou a súa actitude. Mentres, outros representantes dos mariñeiros do cerco seguen reunidos na Consellería intentando chegar a un entendemento. No encontro participan, ademais da Conselleira, o vicepresidente da Xunta e o secretario xeral do Mar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.