TADEGA ofrécenos a posibilidade de asistir a unha serie de obradoiros por toda a xeografía galega que seguro serán de interese para as familias de nenos. Para inscribiros solo debedes ir á páxina desta asociación e cubrir o formulario:
http://tadega.net/arquivos/3792
A data e temática e ponentes do que se celebrará en Santiago e que se celebrará o sábado 15 e a seguinte:
Marzo 2014
- Temática:
Servizos, realidades e proxectos de Pictoaplicaciones.com
- Cando: 15 de marzo (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas.
- Onde: Travesía de Cacheiras, 62 (Estrada de Santiago a A Estrada, Km. 5) – Teo, A Coruña.
- Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación.
- Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización
a escote
para quen queira participar. - Características: A través de xente do GrupoPromedia.es e de Pictoaplicaciones.com faremos un percorrido amplo e completo polas aplicacións, ferramentas e servizos que ofertan dende a súa web así como tamén dos seus proxectos máis inmediatos e aínda en cociña. Esta é a segunda cita, a primeira celebrouse en Cambados haberá outras das que iremos dando conta a medida que se acheguen as datas de celebración.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.