O B.N.G. de Cambados denuncia que a rúa que vai de Os Caeiros a Santa Mariña é actualmente utilizada por múltiples vehículos e peóns, moitos dos cales se dirixen aos diferentes centros educativos da zona. Como queira que esta rúa é considerablemente estreita e non posúe unhas condicións seguridade viaria axeitada, sobre todo, para os peóns, créanse, nalgúns puntos conflitivos da rúa, situacións perigosas polas malas condicións de visibilidade; isto é o que ocorre concretamente no chamado cruce da Canteira que carece dunha correcta visibilidade para os condutores; polo que
Polo tanto o B.N.G. solicita que o concello instale un espello que mellore a visibilidade no cruce da Canteira, na rúa que vai de Os Caeiros a Santa Mariña, que mellores as condicións viarias da zona a peóns e condutores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.