Morre Luciano Fariña Busto, conselleiro maior do Consello de Contas.
Nacera en Cambados en 1945 e faleceu vítima dun cancro. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi inspector de facenda no Ministerio de Economía. Entre outros postos desempeñou o de Inspector Xefe da Inspección Financeira e Tributaria en Pontevedra e o de Xefe da Unidade de Inspección en Galicia. Foi tamén letrado asesor no concello de Zaragoza.
Era conselleiro maior do Consello de Contas desde o 8 de setembro de 2010, pero xa ocupara ese cargo entre os anos 2000 e 2007. Entre ese ano e setembro de 2010 mantívose na institución como conselleiro. Tamén foi secretario xeral técnico da Consellaría de Economía e Facenda da Xunta no 86.
|
Luciano Fariña pertencía por oposición ao corpo superior de inspectores de facenda do Estado, coa especialidade de inspección financeira e tributaria e xestión e política tributaria. Entre outros postos, foi xefe da unidade rexional de inspección na Delegación de Galicia da AEAT e inspector xefe da dependencia de inspección financeira e tributaria na Delegación da AEAT de Pontevedra. Separadamente de ser inspector dos servizos do Ministerio de Economía e Facenda desde 1994, pertencía tamén ao corpo xurídico do aire como comandante auditor, posto do cal estaba en situación de retiro. Así mesmo, estaba en excedencia como letrado asesor do Concello de Zaragoza.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.