Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de marzo de 2014

ESTA MAÑÁN VOLVEN AO PARLAMENTO OS CEQUEIROS ENCERRADOS ONTE



Pasadas as nove da noite saíron do Parlamento os cinco representantes do cerco que permanecían pechados nunha sala da Cámara desde primeira hora da tarde.
Os mariñeiros accederon a marchar despois de que o vicepresidente do Parlamento se comprometese por escrito a deixalos entrar de novo mañá pra reunirse cos representantes de pesca dos grupos parlamentarios.

Pouco despois estes representantes comunícanlles o acordo aos mariñeiros que permanecían na Praza Roxa de Santiago.

Os tres manifestantes detidos quedaron en liberdade tras prestar declaración en dependencias da policía.
Foron arrestados durante a batalla campal que se vivía esta tarde nas rúas de Compostela entre varios centos de mariñeiros do cerco e a policía antidisturbios.
Os arrestados están acusados de delitos de desorde pública e atentado contra os axentes da autoridade.


Esta mañá volverán ó Parlamento os representantes do cerco que este martes permaneceron varias horas pechados nunha das salas da Cámara. Piden reunirse co presidente ou co vicepresidente da Xunta para trasladarlles as súas protestas pola repartición das cotas de xarda e xurelo. Non queren nin oír falar de xuntanzas coa conselleira de Mar.

Saíron do Pazo do Hórreo pasadas as nove da noite despois de que o vicepresidente do Parlamento se comprometese por escrito a volvelos deixar entrar hoxe para reunirse cos representantes de pesca dos grupos parlamentarios.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.